domingo, 1 de maio de 2016

Primeira andaina polo Sendeiro Local de Coruxo

Cun día máis de primavera que de outono, realizouse o percorrido inaugural do Sendeiro Local de Coruxo. As sensacións foron auténticas para todos os sentidos. Destacar que se poideron comtemplar todas as dimensións que propón o sendeiro: paisaxísticas, medioambientais, patrimoniais e recreativas. 
Na reportaxe fotográfica (ver enlace) recóllense algúns dos momentos destacados, entre os que sen dúbida estiveron as vistas dende os Montes de Maúxo. Algunhas mostras:




Camiño a Camiño percorre o Sendeiro Local de Coruxo

Despois do descanso tradicional de primeiros de novembro de 2015, proseguimos con un dos novos sendeiros trazados pola Concellería de Medio Ambiente, nesta ocasión en colaboración coa Comunidade de Montes de Coruxo. 
Trátase dun percorrido moi completo e con diversidade de contidos medioambientais, paisaxísticos e etnográficos. Vaise poder comprobar como o traballo da Comunidade de Montes permite recuperar un espazo que no seu día o Icona convertira en terra de monocultivos e como a biodiversidade logra paseniñamente recobrar a súa harmonía, Tamén vaise ver como isto é compatible con usos recreativos.